Cando a pedra dormida e acochada
Da terra nai no garimoso seo
Esperta do seu sono milenario
E quer ser oración e pensamento
Florece nun varal, extende os seus brazos
E poñéndose de pé faise cruceiro
Ramón Cabanillas